Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 193/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con enderezo na rúa Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización

administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 kV, de 3(1x95) mm Al, de 257 m de lonxitude, con orixe na liña As Gándaras-Laracha (expediente número 51786) e remate no C.T. a construír en Avda. Fisterra.

-Centro de transformación en edificio vivendas, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Avda. Fisterra. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4092