Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con enderezo na rúa Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
Ampliación do centro de transformación Paiosaco-Campo feira, no municipio de Laracha, consistente en:
Instalar un segundo trafo de 250 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, xunto co seccionador tripolar de 24 kV de 400 A.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 8 de maio de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-4066