Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.545

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 117/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Modificación L.M.T. a 20 kV, dobre circuíto, de subestación de Mera-Santa Mariña-límite provincia de Lugo, expediente número 9904, substituirase un circuíto de LAC-80 por outro de LA-180 desde a subtestación ata o apoio número 45 de 4.227 metros.

-Ramal de nova construcción a 20 kV de LA-180 que parte do apoio anterior número 45 e une coa L.M.T. existente Barqueira Vella a Mera de Arriba, expediente número 7109, de 529 metros.

-Mdificación L.M.T. aérea a 20 kV denominada Somozas-Xibarido-Seixas no tramo de C.T. Somozas a polígono industrial en LA-180 de 939 m de lonxitude nos concellos de Ortigueira e Somozas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro,

sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 27 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4067