Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.545

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 52550 e 52551).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. co enderezo na rúa Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización admi

nistrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

Expediente número 52550. Liña aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110, de 1.669 m de lonxitude, con orixe no apoio 21 e remate no número 32 da liña existente denominada San Bartolomeu-Cabanas (expediente número 27533). Pontedeume e Cabanas.

Expediente número 52551. Liña aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, con conductor LA-110, de 6.881 m de lonxitude, en substitución da actual (expediente número 11251), na zona de Crego-Augabar. Miño e Pontedeume.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-3830