Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/7-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica quea continuación se detalla.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.A.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: C.T. 2ª travesía de Santa Lucía.

Situación: Santa Lucía. Laracha.

Características técnicas: centro de transformación en caseta prefabricada, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en rúa 2ª travesía de Santa Lucía. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados

establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-04409