Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de maio de 1995 pola que se lle concede autorización, para a súa apertura e funcionamento, ó centro autorizado de ensinanzas musicais de grao elemental Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela (A Coruña), do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado por Manuel Peleteiro Ramos e Luis Peleteiro Ramos, en representación de Herederos de Manuel Peleteiro, S.C. titular do centro privado de ensinanzas musicais Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela (A Coruña), en solicitude de autorización de apertura e funcionamento do dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación o Ordenación Universitaria da Coruña que o envía con proposta favorable á vista dos informes emitidos pola Inspección Educativa, pola Unidade Técnica e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos la Lei orgánica 1/1990, do 3 de autubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas (BOE do 28) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro, de acordo cos informes emitidos, reúne os requisitos necesarios.

Esta consellería dispón:

Primeiro: condede-la autorización para a apertura e funcionamento do centro privado Manuel Peleteiro do que constan os datos no anexo.

Segundo: o centro mencionado queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio de música da Coruña.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación: Manuel Peleteiro.

Titular: Herederos de Manuel Peleteiro S.C.

Domicilio: San Pedro de Mezonzo nº 27.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Ensinanzas autorizadas: Grao elemental das ensinanzas de música.

95-3789