Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.543

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1995 pola que se autoriza para imparti-la educación permanente de adultos o centro privado Central Academia de Boiro (A Coruña), do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Central Academia de Boiro (A Coruña) en solicitude de autorización para imparti-la educación permanente de adultos, equivalente ó nivel de educación xeral básica.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes favorables da Inspección Técnica de Educación e da Unidade Técnica de Construccións.

Vistas a resolución da Dirección Xeral de Educación Básica do 27 de xullo de 1976 (BOE do 14 de agosto), a orde ministerial do 13 de xullo de 1978 (BOE do 26 de agosto), a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro solicitante reúne os requisitos esixidos polas disposicións en vigor, vindo resolve-las necesidades existentes na zona de postos escolares dese nivel educativo.

Esta consellería dispón:

Concede-la autorización para imparti-la educación permanente de adultos, equivalente ó nivel de EXB, ó centro privado relacionado no anexo, nos termos que nel se detallan.

A cualificación do alumnado que curse ensinanzas neste centro axustarase ó disposto na Orde do 17 de abril de 1986 (DOG do 7 de maio).

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Concello: Boiro.

Localidade: Boiro.

Enderezo: Norberto Pijuán, 5-1º E.

Denominación: Central Academia.

Titular: Luis Figueroa Dorrego.

Autorización para impartir EPA, modalidade: centro.

95-3933