Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.543

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de maio de 1995 pola que se aproba a denominación específica do I.E.S. da Terra Cha, José Trapero Pardo para o I.F.P. de Matodoso do concello de Castro de Rei (Lugo).

Examinada a solicitude e os informes que se xuntan e vista a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14-1-1992), pola que se establece o procedemento para a denominación de centros públicos de ensino non universitario, esta consellería,

DISPÓN:

Aproba-la denominación específica de I.E.S. da Terra Cha, José Trapero Pardo para o I.F.P. de Matodoso do concello de Castro de Rei (Lugo).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación y Ordenación Universitaria

95-3788