Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 10 de maio de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a reordenación de volumes na parcela 4.A.1 do polígono Acea de Olga.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28-4-1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a reordenación de volumes na parcela 4.A.1 do polígono Acea de Olga, solicitado por Ángel Villar Castrelo, en representación de Urbanizadora Forcado, S.L.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 10 de maio de 1995.

Vº e Prace

P.D.

Jesús López Rábade

Concelleiro delegado

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

95-4111