Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión de data 26 de maio de 1995, co quorum esixido polo artigo 47.3º i da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o documento da revisión das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Moeche.

Polo presente se fai público que o expediente se somete a información pública na secretaría do concello, polo prazo de un mes mediante anuncio que se inserirá no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose ademais nun dos xornais de maior circulación da provincia, para os efecros de que os interesados poidan examinar e presenten dentro do mesmo prazo as alegacións pertinentes, prazo que comezará a contar a partir do día seguinte ó da derradeira publicación, de acordo co artigo 114.1º do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Igualmente acordouse a suspensión ex lege do outorgamento de licencias de parcelación de terreos e edificación ou demolición, pero non as obras de reforma, salvo que pola súa trascendencia sexa equiparable a unha reedificación do edificio, non xustficada en razóns de urxencia ou supoña un aumento do volume edificado, en todo o termo municipal, durante o prazo máximo de dous anos. En calquera caso, a suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento, de conformidade co artigo 102.3º do texto refundido da Lei do solo. Non obstante, de conformidade co artigo 120.1º do Regulamento de planeamento poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

O que se fai público para xeral coñecemento, informando que contra o acordo de suspensión do outorgamento de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a derradeira publicación deste edicto, neste caso deberá comunicarse previamente e por escrito, ó órgano que adoptou o acordo, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Moeche, 1 de xuño de 1995.

Fernando Campos Castro

Alcalde

95-4340