Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995 pola que se anuncia a concurso público, procedemento aberto, a contratación da obra que se cita (expediente 430/1995).

O expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución de 29 de xuño de 1995.

Expediente número: 430/1995.

Obxecto: edificios para institutos de investigación. A licitación farase polo total da obra.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe da licitación: 665.342.598 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 13.306.852 ptas. IVE incluído.

Prazo de exucución: quince (15) meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría C. Grupo C, subgrupos 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9, categoría F en tódolos subgrupos. Grupo I, subgrupo 6, categoría C.

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Certificación expedida polo órgano da Administración correspondente, na que se faga constar que a empresa realizou, dentro dos últimos cinco anos, obras de natureza análoga á do concurso a plena satisfacción.

Cando o licitador executase, durante os cinco últimos anos, algunha obra de natureza análoga para a Universidad de Santiago de Compostela, o certificado deberá referirse, necesariamente, ás ditas obras.

-Títulos académicos e experiencia do empresario e dos cadros da empresa e, en particular, do ou dos responsables das obras.

-Declaración que indique a maquinaria, material e equipo técnico do que disporá o empresario para a execución das obras.

-Declaración que indique os efectivos persoais medios anuais da empresa e a importancia dos seus equipos directivos durante os tres últimos anos.

-Declaración que indique os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras.

Solvencia económica e financeira.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que á publicación deles sexa obrigatoria nos estados en onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se por razóns, que se deben xustificar, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidad de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades poderán ter en conta ás sociedades pertencentes ó grupo, para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persona xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarias para a execución do contrato.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-O 50% da puntuación darase en función do prezo ofertado.

-O 40% da puntuación darase en función da solvencia técnica.

-O 10% da puntuación darase en función do prazo de execución ofertado.

O prego de cláusulas administrativas particulares recollerase na sección de xestión e contratación, edificio administrativo Casa da Balconada, Rúa Nova 6, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (Rectorado, praza do Obradoiro s/n, ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n Pavillón 4 do Complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións, rematará ás 14 horas do décimo terceiro día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Mesa de Contratación reunirase o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela. Se este día coincide en sábado, reunirase ó seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1995.

P.D. (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

95-3938