Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación directa das obras de reforma do Centro de Saúde da Pontenova (Lugo) .

Obra: reforma do centro de saúde A Pontenova (Lugo).

Orzamento de contrata: 7.589.496 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 303.580 ptas.

Exposición de proxectos.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo primeiro día natural a partir da publicación da contratación no Diario Oficial de Galicia

ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores.

Presentarase un sobre pechado coa documentación sinalada na claúsula 8 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola Comisión de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios da presente contratación directa serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1995.

P.D. (Decreto 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-04904