Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 30 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 116/94, 118/94 e 158/94).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, de 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da:

-Liña eléctrica a 20 kV en dobre circuíto desde a subestación de Cesuras a Mesía e Boimorto, no seu percorrido polos concellos de Cesuras e Mesía, (Expte. nº 116/94.52643).

-Liña eléctrica a 20kV desde a subestación de Laracha ó centro de transformación de Alvite, no seu percorrido polo concello de Laracha, (Expte. nº 118/94. 52638).

-Liña eléctrica a 15/20 kV, desde a subestación de Cabana a Ponteceso, no seu percorrido polo concello de Cabana, (Expte. nº 158/94. 52645).

A declaración de utilidade pública das ditas instalacións que foi outorgada con data do 10 de marzo de 1995 dos expedientes números 118/94 e 158/94, e con data do 17 de febreiro de 1995 a do expediente número 116/94, leva implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio, que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal El Ideal Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación que se anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e o perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase ós propietarios de que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou

por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan, e, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación.

A Coruña, 30 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4916