Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución do proxecto que se cita. (Expediente 12/1985 e 45/1992 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por solicitude da empresa Unión Eléctrica Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004, A Coruña, a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento, transcríbese de seguido a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera necesaria a expropiación para a execución do seguinte proxecto:

Liña eléctrica a M.T. a C.T. Graña-Postemirón, no concello de Vilaboa, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 31 de agosto de 1990, (Expte. nº 12/1985 e 45/1992 A.T.).

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal local dos de maior circulación así como ós interesados en igual prazo, ós que se lles enviará notificación individual, poderán aportar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para este efecto estará exposto o expediente, con proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, Gran Vía, 76 en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Vigo, 15 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

RELACIÓN DE PROPIETARIOS BENS E DEREITOS AFECTADOS

Expediente: 12/1985 e 45/1992 A.T.Provincia: Pontevedra

Líña M.T. a C.T. Graña-PostemirónConcello: Vilaboa

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2/1Cabo ChanMonteJosé Ríos CollazoCasa Nova

36140, Vilaboa

16256

2/2Cabo ChanMonteManuel Ríos CollazoCasa Nova

36140, Vilaboa

25400

3Cabo ChanMonteCarmen Villaverde GonzálezCasa Nova

36140, Vilaboa

601.040

5Mato GrañaMonteJosé Ríos CollazoCasa Nova

36140, Vilaboa

14224

6Mato GrañaMonteAlicia Rodríguez LemosR/ Real, nº 17

36002, Pontevedra

14224

7Mato GrañaMonteAlicia Mato GrañaR/ Real, nº 17

36002, Pontevedra

23368

7/1Mato GrañaMonteDescoñecido14224

18CidrásLaborFélix Arosa ArosaPobo, 19-Tomeza

36158, Pontevedra

21210

20CidrásLaborAlicia Arosa ArosaCampo Longo

36160, Pontevedra

5130

23CidrásLaborDescoñecido210

4333