Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material informático con destino a distintas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (expediente número 9/1995).

Pola Resolución do 3 de maio de 1995 aprobouse un gasto de 13.000.000 de ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material informático con destino a distintas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (expediente número 9/1995).

Anunciouse a concurso público a licitación do mencioando contrato no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na prensa.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a Mesa de Contratación na data 28 de xuño de 1995 e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo material antes mencionado da seguinte forma:

Concurso 9/95.

Importe

Empresa Coreiman

Subtotal13.000.000

Total13.000.000

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material será de un mes, desde a sinatura do contrato.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

3840