Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 10 de xullo de 1995 Páx. 5.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de epizootias (número 0107G/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide per

tinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que forman parte do expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 28 de xuño de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: 0107G/1995.

Denunciado: Rial Otero, Manuel Eliseo.

DNI: 33.184.355.

Último enderezo coñecido: Avda. de Lugo, 201-1º D, Santiago de Compostela

Feito denunciado: transportar unha cabeza de gando bovino sen leva-la guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción: Regulamento de epizootias: 212.

Sanción proposta: 5.000.

95-4917