Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación do procedemento sancionador de caza número 95/0019/2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971); corrección de erros nº 112, do 11-5-1971, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 49 do Regulamento de caza, en relación co Real decreto 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poiden examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples,

Monelos, e para xuntaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coide convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 2 de maio de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Procedemento sancionador número: C-95/0019/2.

-Denunciado: Marco Sixto López.

-DNI: 32.816.736.

-Último enderezo coñecido: Pío XII, 2, 5º, 15001 A Coruña.

-Feitos imputados: cazar con armas de aire comprimido infrinxindo o disposto no artigo 13.3º da orde de vedas.

-Tipificación infracción, Lei de caza:

Artigo infrinxido: 48.2º 14.

Calificación infracción: 48.2º 14.

-Sanción proposta: 3.500 multa, 500 comiso.

95-4801