Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias que se cita (procedemento número 0020F/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizotias (BOE número 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE número 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación. Poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, coiden convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, e determinarase, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 21 de xuño de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 0020F/1995.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Pérez Fuentes, Daniel. 32.315.366. C/ Sol, 21-4º, 15003 A Coruña.

Feito denunciado: introducir no mercado de gando unha cabeza de gando vacún sen identificar e non te-lo carné de tratante.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: 213 e 224 do Regulamento de epizootias e ó artigo 2 b da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 27-4-1994.

Sanción proposta: 75.000 ptas.

9504800