Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 139/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 2 da L.M.T. existentes ó C.T. Paradela ata o C.T. que se proxecta en Solda, concello de Meaño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 482 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

R.B.T., aérea, de 715 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de fibra de vidro.

Orzamento: 4.838.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 30 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-03456