Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, das obras declaradas de urxencia da cuberta da pista polideportiva no Colexio Público de Castrelo-Cambados (Pontevedra).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra declarada de urxencia que se cita:

-Cuberta pista polideportiva no Colexio Público de Castrelo-Cambados (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: 20.172.289 ptas. (vinte millóns cento setenta e dúas mil duascentas oitenta e nove pesetas).

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría C.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez a catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado e rematará o día 15 de xullo de 1995 ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, estarase ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2., 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación, calificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita calificación, a fin de que se subsanen, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 11.30 do día 21 de xullo de 1995 na Sala de Xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-03287