Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995 pola que se anuncian polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras declaradas de urxencia para acondicionamento de aseos e vestiarios exteriores no Colexio Público Eijo Garay de Vigo. (Pontevedra).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra declarada de urxencia que se cita:

-Acondicionamento de aseos e vestiarios exteriores no Colexio Público Eijo Garay de Vigo, Pontevedra.

-Orzamento de licitación: 17.513.876 ptas. (dezasete millóns cincocentas trece mil oitocentas setenta e seis pesetas).

-Prazo de execución: 2 meses.

-Clasificación requirida: grupo "C", categoría "C".

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte ó da publicación da presente Resolución no BOE e rematará o día 15 de xulio de 1995 ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores.-A especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se corrixan, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de Contratación ás 11 do día 21 de xullo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria

4854