Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras declaradas de urxencia da cuberta da pista polideportiva do Colexio Público de Vilatuxe-Lalín (Pontevedra).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra declarada de urxencia que se cita:

-Cuberta da pista polideportiva no Colexio Público de Vilatuxe-Lalín (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 15.081.873 ptas. (quince millóns oitenta e unha mil oitocentas setenta e tres pesetas).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría C.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaria Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 15 de xullo de 1995 ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 10 horas do día 21 de xullo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

4853