Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 39 da L.M.T. existente ó C.T. Barreiro ata o C.T. que se proxecta en Xesta-Capela, concello de Lalín.
Finalidade da instalación: mellora-la subminsitración eléctrica da zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 336 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
R.B.T., aérea, de 580 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón e fibra de vidro.
Orzamento: 5.366.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 30 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-03288