Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.362

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Urbadyc A.I.E.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Urbadyc, A.I.E. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-5-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 4-5-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 15 de maio de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación para tódolos traballadores da empresa Urbadyc A.I.E., que presten os seus servicios no centro de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Ferrol.

Artigo 2º.-Vixencia. Duración e prórroga.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, non obstante para os efectos económicos serán de aplicación desde o 1 de xaneiro de 1995.

A súa duración será de dous anos, ata o 31 de decembro de 1996.

A denuncia do presente convenio será de carácter automático.

Este convenio considerarase provisionalmente prorrogado durante o tempo que medie entre a súa data de expiración e a de aprobación do novo convenio ou norma que o substitúa.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade ó presente convenio, viñan desfrutando de mellores condicións, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, que as aquí pactadas, conservaranas.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza e a súa orixe.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afecta-las condicións pactadas no presente convenio, cando consideradas as novas retribucións en cómputo anual superen as aquí pactadas.

No caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas dúas últimas subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de garantía.

Estará formada por catro representantes da parte económica e catro da parte social pertencentes ó comité de empresa. Ámbalas partes poderán contar con asesores e reuniranse por instancia de calquera delas, cantas veces sexa necesario, debendo celebrarse a reunión dentro dos cinco días seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Estudio e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio que puidesen afectar ó seu contido.

c) Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflictos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 6º.-Interpretación e aplicación.

As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria antes de presenta-la reclamación pertinente ante o organismo competente.

A dita comisión deberá emiti-la súa resolución nun prazo máximo de cinco días a partir do día en que foi solicitado.

As funcións e actividades da comisión mixta de garantía non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lei.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

A empresa facilitará o exercicio do traballo de forma que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos á dita empresa.

Cada traballador/a realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidades do servicio un traballador/a viñera desempeñando funcións dunha categoría superior, cobraría desde o primeiro día o salario desa mesma categoría.

Artigo 8º.-Promoción.

No caso de existir prazas de superior categoría tería preferencia para acceder a elas o persoal activo na empresa do centro de traballo, polo que se promocionará ás ditas categorías ó persoal que demostre a súa actitude, logo de supera-las probas selectivas, as bases e requisitos necesarios das cales marcará a empresa, para o cal, esta comprométese a da-la formación adecuada ós traballadores/as que pretendan acceder ás ditas prazas e que reúnan os requisitos necesarios. No caso de que as prazas quedasen vacantes, a empresa podería solicita-los distintos profesionais da oficina do INEM.

Artigo 9º.-Categorías profesionais.

As categoráis profesionais para este convenio, só no relativo ás retribucións económicas, son as que figuran na táboa salarial do anexo I do convenio.

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada será de 38 horas semanais, o que supón unha xornada diaria de 6 horas 30 minutos de luns a venres e de 5 horas 30 minutos o sábado, que inclúe 30 minutos para bocadillo como tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará anualmente de un mes natural de vacacións retribuídas conforme a táboa salarial que se xunta como anexo I.

O persoal que se incorpore á empresa ó longo do ano, desfrutará da parte proporcional das vacacións que lle corresponda. Se a dita contratación fose despois do 30 de setembro, desfrutará da parte proporcional dentro do mesmo ano nunha data que acordará coa empresa.

As vacacións desfrutaranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, co seguinte calendario:

-Desfrutará as súas vacacións en xullo todo o persoal que o ano anterior as desfrutase en setembro.

-Desfrutará as súas vacacións en agosto todo o persoal que o ano anterior as desfrutase en xullo.

-Desfrutará as súas vacacións en setembro todo o persoal que o ano anterior as desfrutase en agosto.

Queda establecido deste xeito a rotación das vacacións.

Artigo 12º.-Permisos e licencias.

O persoal terá dereito a desfrutar de permisos ou licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días no caso de contraer matrimonio.

b) 3 días no caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao. Se o feito se produce fóra da localidade o permiso será de 5 días.

c) 3 días no caso de falecemento dalgún familiar en primeiro grao e 2 días se o é en segundo grao. Se o feito se produce fóra da localidade será de 2 días máis.

d) 3 días no caso de nacemento de fillos/as. Se o feito se produce fóra da localidade o permiso será de 5 días.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) 1 día por casamento de fillos/as e 2 se é fóra da localidade.

g) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dalgún título tanto académico como profesional. Deberá acreditarse sempre a concorrencia ós ditos exames.

h) O tempo necesario para recibir asistencia médica ou sanitaria, sempre que sexa por un médico especialista, debendo xustificala adecuadamente.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal.

j) Polo tempo necesario para a renovación do carné de conducir, aqueles traballadores que teñan a categoría de conductor.

k) Dous días laborables ó ano sen xustificar, que se desfrutarán antes do 31 de decembro de cada ano. A empresa reserva para si o dereito de non concede-las ditas licencias cando as solicitudes coincidentes nunha mesma data supoñan unha grave deterioración no servicio. Estes días non terán carácter acumulativo dun ano a outro nin poderán ser remunerados no caso de renuncia ó seu desfrute. Neste punto consideraranse laborables aqueles festivos en que, por ser consecutivos, sexa necesario realiza-lo servicio de recollida.

As licencias e permisos serán retribuídos a salario real, como se se estivese traballando.

As licencias e permisos empezarán a contar na data na que se produza o feito que os motiva, ou no día seguinte se o traballador finalizase a súa quenda de traballo.

Cando se fala de días, enténdese que son días naturais.

Artigo 13º.-Incapacidade laboral transitoria.

No caso de baixa por incapacidade laboral transitoria derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, contraída como consecuencia da prestación do traballo neste centro, a empresa complementará ata o 100% do salario real. No caso de maternidade ou hospitalización tamén terá dereito ó dito complemento.

No caso de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará ata o 100% do salario a partir do día 15 da baixa.

Non terán estes complementos aqueles traballadores/as que non teñan dereito ó cobro dos subsidios oficiais que outorga a Seguridade Social ou a mutua correspondente.

Artigo 14º.-Preaviso de cesamento.

Observarase o que dispoña a lexislación vixente nesta materia en cada momento.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada 2 anos a seguinte roupa:

Conductores:

Inverno: 2 pantalóns, 2 camisas, 2 xerseis, 1 cazadora, 1 anorac, 1 par de botas de seguridade, luvas anticortes.

Verán: 2 pantalóns, 2 camisas, 1 xersei, 1 par de botíns.

Peóns:

Inverno: 3 pantalóns, 3 camisas, 2 xerseis, 1 cazadora, 1 anorac, 1 par de botas de seguridade, 1 par de botas de auga, 1 traxe de augas, luvas anticortes.

Verán: 2 pantalóns, 2 camisas, 1 xersei, 1 par de botíns.

Persoal de taller:

2 pantalóns, 2 camisas, 1 xersei, 3 fundas, 2 pares de botas de seguridade.

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Condicións sociais

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

No caso de accidente laboral ou enfermidade profesional como consecuencia da actividade desenvolvida para a empresa, da que derive morte, incapacidade laboral permanente absoluta ou gran invalidez para calquera actividade laboral, o traballador/a ou os seus beneficiarios percibirán, en concepto de indemnización a cantidade de 2.340.000 pesetas, independentemente das prestacións que puidesen corresponderlle por este motivo.

Artigo 17º.-Excedencias.

Terá dereito a solicitar excedencia todo traballador/a que teña unha antigüidade mínima de 1 ano na empresa, esta concederase por un período abranguido entre 1 e 5 anos.

A petición de excedencia deberá facerse con 1 mes de antelación.

A incorporación ó posto de traballo debe solicitarse 1 mes antes da data de remate da dita excedencia.

O traballador/a por lactación dun fillo/a menor de 9 meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia

do traballo, que poderá ser ó principio ou final da xornada, a duración desta ausencia poderá prorrogarse ata que o fillo/a cumpra os 9 meses. A hora de ausencia que tería que desconta--la empresa do salario mensual calcularase a razón de dividi--lo salario real entre as horas de xornada diaria.

Poderá solicitar excedencia, todo traballador/a en activo que ostente un cargo sindical, tanto sexa nunha estructura de dirección da central sindical á cal pertenza, como a institución galega ou estatal en calquera das súas modalidades. Esta excedencia será con dereito á reserva do posto de traballo, debéndose avisar con polo menos 1 mes de antelación á súa reincorporación á empresa.

En calquera caso de excedencia, descontarase o tempo no que se permaneza nesa situación para efectos de cálculo do complemento de antigüidade.

Artigo 18º.-Servicio militar ou civil substitutorio.

Nesta materia observarase o disposto na ordenanza laboral da limpeza viaria e recollida de lixo (O.M.1-12-1972).

Artigo 19º.-Cobertura por retirada de carné de conducir.

Nos casos de retirada provisional do permiso de conducir, a empresa adaptará ó conductor afectado a outro posto de traballo, conservándolle a súa categoría e soldo durante un período máximo de 3 meses. Transcorrido o dito prazo adaptáraselle tanto o salario como a categoría ó seu novo posto de traballo. O traballador reintegrarase á súa categoría e posto anterior no prazo de 3 meses a partir da devolución do mencionado carné.

Este beneficio non terá efecto cando a dita retirada sexa por imprudencia temeraria.

Artigo 20º.-Axuda escolar.

A empresa achegará un fondo de axuda para estudios oficiais dos fillos dos traballadores/as, que terá un importe de:

Ano 1995: 464.000 ptas.

Ano 1996: 514.000 ptas.

O reparto do dito fondo farase anualmente entre a empresa e o comité de empresa, creando a este respecto un regulamento de normas.

Artigo 21º.-Comité de seguridade e hixiene.

Observarase o disposto na lexislación vixente nesta materia.

Artigo 22º.-Revisións médicas.

Tódolos traballadores/as afectados polo presente convenio terán o dereito e a obriga de pasar unha revisión médica anual que será por conta da empresa e en horas de traballo. Así mesmo todo traballador que o solicite será vacinado contra a gripe e a hepatite B.

Dereitos sindicais

Artigo 23º.-Garantías sindicais.

Cada membro do comité de empresa disporá dun crédito de horas sindicais mensuais retribuídas a sala

rio real (como se estiver traballando), para o desenvolvemento das súas funcións representativas e sindicais. Estas horas poderán acumularse mensualmente, así como un ou máis membros do comité poderán ceder horas sindicais a outro.

As reunións para a negociación do convenio colectivo, así como as que convoque a representación empresarial, non se computarán para efectos de consumo de crédito de horas sindicais.

A empresa manterá en bo estado os taboleiros de anuncios en cada cuartel, ademais de velar pola conservación do local do comité. Así mesmo facilitará o acceso do comité ós medios de reproducción dela, sempre que os escritos ou documentos teñan relación coa actividade do comité dentro da empresa.

Artigo 24º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina dos traballadores/as a cota sindical, logo de solicitude escrita de cada un deles.

Condicións salariais

Artigo 25º.-Retribucións salariais.

A estructura salarial está constituída polos seguintes conceptos:

Salario base.

Antigüidade.

Plus de transporte.

Plus de complemento de convenio.

Plus de productividade.

Plus tóxico, penoso e perigoso.

Plus nocturno.

Pagas extraordinarias.

Artigo 26º.-Salario base.

É o que está recollido para cada categoría na táboa salarial que figura como anexo I deste convenio colectivo. Devengarase por día natural.

Artigo 27º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade queda establecido en dous bienios ó 5% e posteriores quinquenios ó 7% do salario base de cada categoría, respectando o tope máximo establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores. Este complemento devengarase os mesmos días có salario base.

Artigo 28º.-Plus de transporte.

Para compensa-lo gasto de transporte desde o domicilio de cada traballador ó centro de traballo, establécese un plus de transporte de 455 pesetas por día efectivo de traballo.

Artigo 29º.-Plus de complemento de convenio.

Por cantidade e calidade de traballo e por día efectivo de traballo, cada traballador/a percibirá un plus denominado de complemento de convenio, que está recollido para cada categoría profesional na táboa salarial que figura como anexo I deste convenio.

Artigo 30º.-Plus de productividade.

Todo o persoal que cumpra co horario da súa xornada laboral, percibirá por día efectivo de traballo un plus de productividade que está recollido para cada categoría profesional na táboa salarial que figura como anexo I deste convenio.

Artigo 31º.-Plus tóxico, penoso e perigoso.

O persoal afecto a este convenio que desempeña as súas funcións nos servicios de varrido, recollida e taller mecánico percibirá un plus denominado tóxico, penoso e perigoso que consistirá no 20% do salario base diario e que se aboará por día efectivo de traballo.

Artigo 32º.-Plus de nocturnidade.

Todo o persoal afecto a este convenio que realice máis da metade da súa xornada laboral diaria entre as 22 e as 6 horas, percibirá un plus denominado de nocturnidade por cada día efectivo de traballo, consistente no 25% do salario base diario.

Artigo 33º.-Pagas extraordinarias.

Durante o transcurso do ano percibiranse dúas pagas extraordinarias que serán as seguintes:

Paga extraordinaria de verán. Esta paga aboarase coa mensualidade de xuño e devengarase semestralmente e día a día, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño.

Paga extraordinaria de Nadal. Esta paga aboarase coa mensualidade de decembro e devengarase semestralemente e día a día, desde o 1 de xuño ó 31 de decembro.

A contía destas pagas extraordinarias será de 30 días de salario base e, se é o caso, a antigüidade correspondente.

Artigo 34º.-Horas extraordinarias,

A realización das horas extraordinarias será de forma voluntaria, agás nos casos de forza maior ou emerxencia.

Acórdase reducir ó mínimo as horas extraordinarias. Non obstante, ó tratarse dun servicio esencial para a comunidade, as realizadas nos casos excepcionais pola necesidade do servicio ou as que se fagan como consecuencia de danos extraordinarios urxentes, serán consideradas como horas extraordinarias estructurais, en ámbolos casos con comunicación ó comité de empresa.

Artigo 35º.-Anticipos.

O persoal que o solicite por escrito terá dereito a percibir un anticipo a conta do traballo realizado durante a mensualidade na que se solicita por un importe máximo de ata un 80% do salario devengado.

Os anticipos concederanse o día 18 de cada mes, e deberán solicitarse con 24 horas de antelación.

Artigo 36º.-Anticipos de cancelación diferida.

A empresa comprométese á creación dun fondo de 1.000.000 de ptas. para que aqueles traballadores/as que o necesiten poidan solicitar anticipos de cancelación diferida nas seguintes condicións:

A cantidade máxima que se poderá conceder por traballador/a será de 100.000 ptas.

Os ditos anticipos deberán solicitarse durante os 5 primeiros días hábiles de cada mes, facendo efectiva a concesión, unha vez aprobada, o día 15 do mes en que se solicita.

O anticipo será cancelado no prazo máximo de 10 meses reténdose dos haberes mensuais de cada traballador/a os importes dos distintos vencementos.

A primeira retención farase efectiva ó mes seguinte do que se solicita o anticipo.

Se o traballador/a antes da total cancelación do anticipo cesase por calquera causa no servicio activo da empresa, descontarase a cantidade pendente de aboar do importe da liquidación dos devengos ata onde esta alcance. Se non alcanzase, o traballador/a comprometerase a liquida-la parte pendente de devolución no prazo de 2 meses, a partir da data de baixa na empresa.

O anticipo devengará un xuro anual do 0%.

Artigo 37º.-Pagamento de salario.

O aboamento dos salarios será mensual e o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria. Para iso a empresa ordenará as ditas transferencias o penúltimo día hábil do mes ó que corresponda o pagamento.

Outras condicións

Artigo 38º.-Subrogación

Ó remate, rescisión ou abandono da contrata pola concesionaria, neste caso Urbadyc A.I.E., tódolos traballadores/as adscritos ó servicio de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Ferrol, pasarán a ser adscritos á nova empresa titular da dita contrata, respectando os dereitos e condicións laborais, económicas e sociais, así como as obrigas que contén este convenio colectivo. Aínda que a empresa non poida garantir esa subrogación, poñerá tódolos medios que teña ó seu alcance e facilitará toda a documentación e información necesaria para que poida efectuarse a dita adscrición coa nova empresa contratista.

Artigo 39º.-Dereito supletorio.

Nas materias non reguladas no presente convenio observarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 40º.-Incrementos salariais.

1. Para o ano 1995:

Apróbase a táboa salarial adxunta como anexo I.

2. Para o ano 1996:

Acórdase un incremento do IPC real de 1995 (publicado no BOE) máis 0,5 puntos (a plus de transporte). Se o 31/12/1996 o IPC real superase o 4% efectuaríase unha revisión salarial pola diferencia.

ANEXO I

Táboa salarial. Recollida e limpeza para Ferrol, ano 1995

CategoríaSal.BaseP.ConvenioP.ProductividadeP.T.P.P.P.NocturnoPaga extraVacaciónsTotal anual

Capataz día2.85643032257185.686132.2201.621.632
Capataz noite2.85643032257171485.686155.2761.839.623
Conductor día2.56643016151376.972113.1381.427.812
Conductor noite2.56643016151364176.972133.9801.623.766
Peón día2.42832216148672.831103.1331.326.510
Peón noite2.42832216148660772.831122.7171.511.785
Mecánico día2.56643016151376.972113.1381.427.812
Mecánico noite2.56643016151364176.972133.9801.623.766

95-3807