Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.362

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 198/1994 (51409)).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Liña eléctrica subterránea-aérea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 180 m de lonxitude en subterráneo e sobre apoios de formigón (37) e metálicos (2) con conductor LA-110 e 6.426 m de lonxitude en aéreo, con orixe na subestación de San Marcos.

Os derradeiros 320 m, entre apoios números 37 e 41 serán en dobre circuíto, entroncando coa liña que alimenta ó C.T. Frais e Capataces Agrícolas (expediente número 34738) con remate no polígono industrial de Bergondo. Concellos de Cambre, Oleiros e Bergondo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de apli

cación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3798