Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.360

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 134/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Liñas eléctricas aero-subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al as subterráneas e sobre apoios de formigón e metálcios e conductor LA-110 as aéreas, con orixe na subestación de Cedeira:

-A liña Cedeira-Cedeira de 291 m de lonxitude, dos que os 35 m primeiros serán subterráneos e o resto aéreos ata o apoio número 3.

-A liña Cedeira-Valdoviño de 95 m de lonxitude, dos que os 36 m primeiros serán subterráneos e o resto aéreos ata o apoio número 2.

-A liña Cedeira-Mera de 25 m de lonxitude en subterráneo ata o apoio número 1. Cedeira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-3846