Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.360

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52549).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. co enderezo na rúa Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 451 m de lonxitude, que parte da L.M.T. a C.T. Louseira (expediente número 33345) e remate no C.T. a construír en Feal, de 100 kVA, e ensamblaxe en B.T. Concello de Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-3845