Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.361

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 140/1994 (27662)).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Modificación da instalación eléctrica denominada L.M.T. en polígono industrial de Sabón (Arteixo), consistente en:

-Modificación das saídas 10 e 14, establecendo liña aérea, a 20 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-110, con orixe en pórtico subestación e remate en apoio número 5, de 788 m de lonxitude en dobre circuíto.

-Modificación da saída 14, entre os apoios B7 e B11, en liña aérea a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 405 m de lonxitude en circuíto simple.

-Modificación das saídas 5 e 7 con liña aérea, a 20 kV sobre apoios metálicos e conductor LA-110, con orixe en apoio número 2 e remate en apoio número 6, de 568 m de lonxitude en doble circuíto. Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de apli

cación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-3848