Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 197/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Dragados y Construcciones, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. de Puzo, propiedade de Sestelo y Cía, S.A. ata o C.T. que se proxecta en Lira, concello de Salvaterra de Miño.

Finalidade da instalación: subministra-la enerxía a planta de aglomerado.

Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, a 15/20 kV, sendo o tramo aéreo de 505 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, e o tramo soterrado de 32 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 800

kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Orzamento: 3.910.575. ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 15 de maio de 1995

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9504457