Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia o concurso para a contratación directa da subministración de unha cabina de pintado, tres aspiradores, un rexerador de disolventes e seis bancos de traballo con destino á escola taller de carpintería de ribeira A Aixola.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso para a contratación directa do seguinte material:

Obxecto do contrato: subministración para a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Orzamento de licitación: dous millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (2.450.000 ptas.).

Prazo de execución: un mes.

O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse no devandito rexistro ou na forma que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola comisión de contratación o terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das ofertas, sempre e cando non coincida en sábado, que pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da consellería ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1995.

A directora xeral da Direccion Xeral de Formación Pesqueira e Investigación

Rubricado

4836