Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 193/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 14 da L.M.T. ó C.T. de Monte Lourido, que se vai substituír, ata o novo C.T. que se proxecta en Monte Lourido, concello de Nigrán.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T., de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 5.478.613 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-03947