Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 171/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Seragua U.T.E.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. Valadares propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. da depuradora de auga potable en Valadares, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica á depuradora de augas.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 440 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 e LA-30, sobre apoios de formigón. C.T. de 800 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Orzamento: 2.854.730 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 19 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-3595