Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: en Arén-Rueiro-Samieira, concello de Poio.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: ampliación C.T. existente en Arén-Samieira de 100 kVA, a 160 kVA, relación de transformación 10/20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.330 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 5.143.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 18 de abril de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-3863