Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: no soto dun edificio na r/ Fernández Ladreda, concello de Pontevedra.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: C.T., soterrado, de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
Orzamento: 6.793.475 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 21 de abril de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-3592