Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por resolución do Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 1994, aprobouse a convocatoria de concurso público para a concesión da construcción e explotación de estacionamento para vehículos automóbiles nos terreos delimitados pola UA Norte-15 (antigo Anxo Carro).

Canon: o concursante ofrecerá na súa proposición como canon anual que terá que aboar ó concello, unha cantidade en forma global ou por praza de estacionamento.

Prazo de execución: 12 meses.

Fianza provisional: 6.000.000 de pesetas.

Fianza definitiva: 12.000.000 de pesetas.

Expediente: atópase de manifesto no Negociado de Contratación do Concello de Lugo, en horas de oficina.

Condicións: as condicións polas que se rexerá o contrato atópanse contidas no prego de condicións.

Presentación de proposicións: será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó de inserción do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, dentro do dito prazo presentaranse no rexistro xeral do Concello de Lugo, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Apertura de proposicións: efectuaraa a Mesa de Contratación, ás doce horas do terceiro día hábil (excepto sábado) posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Anuncios: o importe dos anuncios será de conta do contratista adxudicatario da obra.

Lugo, 26 de maio de 1995.

Visto e prace

O alcalde

Rubricado

O secretario

Rubricado

9504792