Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

EDICTO.

Recaída resolución da Comisión Provincial de Urbanismo, en sesión celebrada o día 4 de maio de 1995, aprobando o proxecto de expropiación forzosa dos bens

e dereitos correspondentes ó inmoble chamado Almacéns de Raxoi e por considerar que, segundo os artigos 220.2º do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana e 203.2º do Regulamento de xestión urbanística, do 25 de agosto de 1978, o pagamento ou depósito do importe da valoración polo citado órgano autonómico produce os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, sen prexuízo de que poidan seguir tramitándose os recursos procedentes respecto á fixación do prezo xusto; requirirase ós interesados mediante edictos e notificacións individualizadas, para que o día 20 de xullo de 1995, ás 11 horas comparezan na Casa do Concello, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación do predio incluído na relación de propietarios e titulares de dereitos afectados polo proxecto da expropiación citada.

O acto terá lugar a partir da hora sinalada, sen prexuízo de trasladarse ó lugar se así se estimase conveniente.

O propietario ou titular afectado deberá asistir persoalmente ou por medio de persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos públicos ou privados da súa titularidade e último recibo do imposto sobre bens inmobles, podendo ir acompañado do seu perito ou notario.

Relación de predios, propietarios e titulares de dereitos afectados:

1. Determinación do ámbito territorial.

a) Situación: porto de Pontedeume. Inmoble Lonxas de Raxoi.

b) Superficie total da edificación: 1.331 m.

c) Lindeiros: norte, porto de Pontedeume; sur, rúa Padre Frei Gumersindo Placer; leste, edificio do xulgado, rúa no medio; oeste, edificio colexio Couceiro Freijomil, rúa Galera no medio.

2. Titular dos bens e dereitos: Rodrigo Pardo y Cía., S.L.

Domicilio: rúa Santo André, 138-3º, 15003 A Coruña.

Pontedeume, 20 de xuño de 1995.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde

95-04582