Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1995 pola que se convocan dous cursos sobre apontoamentos dirixidos ós membros dos corpos de bombeiros de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, a formación dos bombeiros é unha das tarefas encomendadas á devantida academia.

Con base no anterior anúnciase a celebración de dous cursos sobre apontoamentos que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

-Obxectivos.

a) Coñece-los distintos tipos de construcción dos edificios.

b) Identifica-los elementos estructurais.

c) Distinguir algunhas das causas de ruína (fendas e gretas).

d) Realizar traballos de apontoamentos dos elementos estructurais.

-Destinatarios.

Os cursos van dirixidos a:

1º curso. Os mandos dos corpos de bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

2º curso. Os bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia

-Prazas.

O número de prazas ofertadas para cada un dos cursos será de 30.

-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 26 de setembro de 1995.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, s/n, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Contido e duración.

Os cursos serán eminentemente prácticos e celebraranse en sesións de mañá e tarde durante os días

16, 17, 18, 19, 20 e 21 de outubro de 1995, tendo cada curso unha duración de 24 horas lectivas, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Materiais de construcción.

b) Clasificación dos terreos. Ideas xerais. Cimentacións. Materiais que se empregan. Resistencia ó lume. Protección contra o lume.

c) Paredes ou muros. Materiais que se empregan. Resistencia e protección contra o lume.

d) Teitos e pisos, etc.

-Profesorado.

Os cursos serán impartidos por profesores e monitores pertencentes ó Servicio de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Sevilla.

-Datas.

Os cursos celebraranse:

1. O curso dirixido a mandos: días 16, 17 e 18 de outubro de 1995.

2. O curso dirixido a bombeiros: 19, 20 e 21 de outubro de 1995.

O horario será de 9 a 20 horas.

-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 3 de outubro de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

-Lugar.

Na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na rúa Madrid s/n, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

-Certificado de participación e aproveitamento.

Ó remate dos cursos entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Academia Galega de Seguridade

4762