Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.289

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 21 xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 16 de marzo de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 16 de marzo de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 75, do 19 de abril de 1995), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei. Esta consellería,

DISPÓN:

1. Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 16 de marzo de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 75, do 19 de abril de 1995).

2. Declarar deserta a citada convocatoria.

3. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

4530