Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.264

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 31 de maio de 1995 pola que se modifica parcialmente a Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación da suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación.

O artigo 7 da Orde do 30 de xuño establecía que os responsables dos rexistros de entrada e saída dos documentos nos servicios centrais das distintas consellerías eran os encargados da custodia e recadación dos efectos timbrados necesarios para a prestación dos servicios nos que o pagamento está previsto que se realice por este medio.

Por sentencia do 26 de abril de 1995 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declárase a nulidade do citado artigo 7.

Dando cumprimento á citada sentencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Queda derrogado o artigo 7 da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verifi

cación da suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, substituíndoo polo texto que queda redactado como segue:

Artigo 7º

Os habilitados responsables de fondos públicos nos servicios centrais das distintas consellerías, solicitarán da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro os selos de cada clase que cómpren para a prestación dos servicios gravados polas ditas taxas, sendo responsables da súa custodia e recadación.

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía y Hacienda

95-4708