Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación directa da obra que se cita (substitución de carpintería exterior no C.P. de Corme-Ponteceso e outra).

Esta delegación provincial, cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación directa das obras que se citan:

-Substitución de carpintería exterior no C.P. de Corme-Ponteceso.

Orzamento de contrata: 15.703.913 ptas.

Prazo de execución: tres meses.

-Substitución da rede de saneamento e fontanería no I.F.P. de Monte Alto, A Coruña.

Orzamento de contrata: 11.494.301 ptas.

Prazo de execución: tres meses.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares están á disposición dos interesados nas dependencias da delegación provincial, edificio administrativo de servicios múltiples, 7ª planta, Monelos, A Coruña.

O prazo para presentación das proposicións será de dez (10) días hábiles contados a partir do día da publicación do presente anuncio no DOG, rematando ás 13 horas do derradeiro día do prazo. Se este coincide en sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.

As propostas presentaranse en man, no rexistro da delegación provincial e cos requisitos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares correspondentes.

A apertura de plicas terá lugar ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das licitacións, pasando ó luns, se este coincide en sábado.

O importe do presente anuncio será por conta das empresas adxudicatarias.

A Coruña, 21 de xuño de 1995.

Francisco Pérez Rivas

Delegado provincial da Coruña

95-4361