Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de Travesía de Ortigueira Fase I no termo municipal de Ortigueira (A Coruña).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no progrrama de obras a realizar con cargo ó programa 413-B, de construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 7 de marzo de 1995, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia en virtude do Decreto 1995, do 16 de marzo, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titualres de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Ortigueira, para que comparezcan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa do Concello de Ortigueira-A Coruña.

Día 11 de xullo de 1995 do predio 1 ó 50.

Día 12 de xullo de 1995 do predio 51 ó 109.

De 10 a 14 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titualres afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, de considera-lo oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince (15) días hábiles, contados a aprtir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes có obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe

95-4764