Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (67/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Santiago.

Fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía nº 67/1994, por instancia do procurador Carlos Fernández Rial en representación de Manuel Pena Vilouta contra Encarnación Calvo Cidranes sobre división de cousa común, e nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día vintesete de xullo ás 10 horas, de conformidade coas seguintes condicións:

1. O tipo de remate será de 11.550.500 (once millóns cincocentas cincuenta mil cincocentas) pesetas sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, BBV conta nº 1500-15-006794 o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo de remate.

4. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resulten rematantes e que o admitan e que cubrise o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, e deben os licitadores conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, de habelos, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo

día vintesete de setembro ás 10 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate que será do 75% da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vinteseis de outubro ás 10 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa

Predio

Predio rústico nº 378 do plano xeral de concentración parcelaria; terreo dedicado a labradío no sitio de Sandomil, no lugar de Roxos, parroquia de Villestro, concello de Santiago de Compostela, linda: norte, con Pedro Castiñeiras Tarrío e outros (379); sur, con José Romero Mallou e (376-1) e (376-2); leste, con camiño de Roxos a Reborido; e oeste, con Francisco Villaverde Arceo e outros (377). Ten unha extensión superficial de once áreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 652, libro 309, folio 134, predio 19.822, inscrición 2ª.

Dada en Santiago de Compostela o doce de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4754