Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (144/1995-01).

María Fe Meitin Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado no día da data, dimanante do xuízo executivo seguido perante este xulgado co número 144/1995, promovido por Financiera Seat S.A., representada polo procurador García Piccoli, contra José Hortas Román, e dado que o demandado se atopa en paradoiro descoñecido, por medio do presente cítase o dito demandado, co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en legal forma nestes autos mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle convén, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría ó seu dispor e queda apercibido de que, se non comparecer, será declarado en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións cás que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo do seguinte predio:

Vivenda, sita na planta sexta, letra B do inmoble número 60 da r/ Julio Rodríguez Soto da vila do Carballiño (Ourense), denominado Os Cipreses, inscrita

no Rexistro da Propiedade do Carballiño, libro 76, tomo 387, folio 183, predio 10.639, inscrición segunda.

Para que así conste e sirva de citación en legal forma ó demandado en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4413