Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a adquisición dunha máquina de pasa-lo ferro e unha central de chamadas para os postos da enfermería.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público para a adquisición dunha máquina de pasa-lo ferro e unha central de chamadas para os postos da enfermería.

-Obxecto e orzamento: a adquisición dunha máquina de pasa-lo ferro e unha central de chamadas para os postos da enfermería por un orzamento de vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.), incluído o IVE.

-Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso público deberán de ser entregados no prazo de un mes no complexo hospitalario.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, teléfono (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

-Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 400.000 ptas. e unha fianza definitiva do 4% do importe da adxudicación. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto no artigo 112 da L.C.E. e 340 do seu regulamento.

-Clasificación: non se precisa.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do R.X.C.E.

-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 5 de xuño de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

9503237