Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Transportes La Unión, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o día 11-5-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 2-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 7 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de maio de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Transportes La Unión, S.A.

Taboa de salarios

Desde 1-4-1995 ó 31-3-1996

Persoal administrativoPtas./mes

Xefe de servicio 136.914

Enxeñeiros e licenciados 119.326

Xefe de negociado 95.124

Oficial de primeira 86.032

Oficial de segunda 80.430

Auxiliar administrativo 72.062

Persoal de movemento

Xefe de tráfico de primeira 103.300

Xefe de tráfico de segunda 99.626

Xefe de tráfico de terceira 93.634

Ptas./día

Inspector 2.963

Conductor-perceptor 2.900

Conductor 2.849

Cobrador 2.486

Mozo de administración 2.371

Ptas./mes

Vendedor de billetes 78.926

Persoal de talleres Ptas./mes

Xefe de taller 118.392

Encargado de taller 92.495

Ptas./día

Xefe de equipo 3.098

Oficial de primeira 2.984

Oficial de segunda 2.843

Oficial de terceira 2.720

Mozo de taller 2.446

Aprendices (salario mínimo segundo idade en cada caso)

Axuda de custo pra a comida do mediodía 1.043 ptas.

Quebranto de moeda 110 ptas.

Pontevedra, 15 de maio de 1995.

9504696