Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., para o período do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995, ámbolos dous inclusive.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A.para o período 1-1-1995 ó 31-12-1995, inclusive, acordado o 4 de abril de 1995 e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., para o período 1-1-1995 ó 31-12-1995, ambos incluídos

* Asistentes:

-Presidente: Rafael Rosell de la Peña.

-Secretario: Roberto Pena López.

-Vocais en representación da sección económica:

José María Rivera Trallero.

Francisco Crujeiras Parada.

-Vocais en representación da sección social:

Enrique Domínguez Esporas.

José Manuel Lema Gómez.

Jesús Carlos Montes Varela.

Santiago Ramos Mesejo.

Antonio Reguero Sánchez.

Indalecio Vázquez Chas.

José Luis Vázquez García.

Na cidade da Coruña o catro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Sendo as dezaoito horas, reúnense no local habilitado para o efecto as persoas arriba indicadas, como membros da comisión deliberadora para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de

Rivera, S.A., propietaria da fábrica de cervexas La Estrella de Galicia, da que as respectivas representacións mutuamente se recoñecen, lexitimándose reciprocamente.

Aberto o acto polo presidente, o secretario dá lectura ó artigo 6, apartado terceiro, do vixente convenio colectivo, homologado por resolución do 29 de agosto de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que é do teor literal seguinte:

«Artigo 6º

Terceiro.-Haberá unha revisión salarial a partir do un de xaneiro de 1995, que se fará de mutuo acordo polas partes. Para calcula-la devandita revisión salarial terase por base os conceptos retributivos correspondentes a 1994, incrementados coa recuperación, se procede, obxecto deste artigo».

Acto seguido e tras deliberar sobre o particular, ámbalas representacións, unanimemente, acordan aproba-la revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., e que terá vigor desde o 1-1-1995 ata o 31-12-1995, ambos incluídos, e nos seguintes termos:

Primeiro.-Os salarios base para as distintas categorías profesionais serán os seguintes:

Pesetas

mensuais

Salario

base anual

Técnicos
Director técnico162.0791.944.948
Mestre cervexeiro144.8541.738.248
Xefe de mantemento144.8541.738.248
Xefe de primeira127.6311.531.572
Xefe de segunda119.0141.428.168
Oficial de primeira110.4041.324.848
Oficial de segunda106.0981.273.176
Axudante de laboratorio92.7861.113.432
Auxiliar88.8731.066.476

Administrativos
Xefe de contabilidade144.8541.738.248
Xefe de proceso de datos144.8541.738.248
Xefe de primeira127.6311.531.572
Xefe de segunda119.0141.428.168
Oficial de primeira110.4041.324.848
Oficial de segunda106.0981.273.176
Auxiliar88.8731.066.476

Comerciais
Director comercial162.0791.944.948
Xefe de primeira127.6311.531.572
Xefe de segunda119.0141.428.168
Inspector de primeira112.5541.350.648
Inspector de segunda108.2521.299.024
Promotor de vendas104.4781.253.736
Preventista100.7031.208.436

Subalternos
Subalterno de primeira,

Xefe de equipo

92.7861.113.432
Subalterno de primeira86.9651.043.580
Subalterno de segunda85.0971.021.164
Limpador81.115973.380

Especialistas de oficio Diario

Pesetas

mensuais

Salario

base anual

Oficial de primeira,

Xefe de equipo

3.1531.150.845
Oficial de primeira2.9381.072.370
Oficial de segunda2.8721.048.280
Axudante2.8091.025.285
Auxiliar de primeira obreiro2.7411.000.465
Auxiliar de segunda obreiro2.678977.470

Ademais dos salarios que se indican na táboa que antecede, os traballadores percibirán as pagas extraordinarias e demais complementos que se expecifican no vixente convenio colectivo e nos apartados seguintes desta revisión.

Segundo.-O plus de convenio estipulado no artigo 9 do vixente convenio colectivo queda establecido en 26.510 ptas., nas mesmas condicións establecidas no mencionado artigo.

Terceiro.-O plus de asistencia regulado nos artigos 11 e 12 queda establecido en 712 pesetas, nas mesmas condicións estipuladas nos referidos artigos do vixente convenio colectivo.

Cuarto.-A partir da entrada en vigor da presente revisión salarial, o persoal que viña percibindo axudas de custo polo desempeño das súas funcións fóra do termo municipal do seu centro de traballo pasará a cobralas nas seguintes contías:

-Inspectores e promotores de vendas:

Axuda de custo completa 4.750 ptas.

Media axuda de custo 2.375 ptas.

-Preventistas, persoal e reparto ou mantemento:

Axuda de custo completa 2.925 ptas.

Media axuda de custo 950 ptas.

Os directores e xefes de sección e departamento viaxarán con gastos que terán que xustificar.

Quinto.-As comisións e compensacións por reparto que percibe o persoal de distribución e/ou reparto en compensación á posible prolongación da xornada de traballo e en función da calidade do servicio prestado, a partir do 1-1-1995, serán as que a seguir se indican:

Cervexa:

Barril de 30 litros 46,85 pesetas.

Barril de 50 litros 77,75 pesetas.

Caixa de 1/3 10,90 pesetas.

Caixa de 1/5 9,25 pesetas.

Caixa de 1/4 e clúster 7,85 pesetas.

Caixa de latas e extra 10,90 pesetas.

Auga:

Caixa de 1œ (P.V.C.) 10,90 pesetas.

Caixa de 1/2 (P.V.C.) 7,85 pesetas.

Caixa de 1/4 (P.V.C.) 7,85 pesetas.

Caixa de 1/1 (cristal) 10,90 pesetas.

Caixa de 1/2 (cristal) 9,25 pesetas.

Caixa de 1/3 (cristal) 9,25 pesetas.

Os importes anteriores aboaranse por cada barril e/ou caixa vendida e percibiraos ó 100% o vendedor-repartidor cando realice a ruta el só, ou ben ó 50% se a ruta a comparte con outra persoa.

Sexto.-O complemento de indemnización previsto no artigo 19, punto 2, durante o período de invalidez provisional, queda establecido en 11.453 pesetas mensuais, nas mesmas condicións establecidas no referido artigo.

Sétimo.-A asignación por xubilacións que se prevé no artigo 21 do vixente convenio colectivo queda establecida conforme a escala que se indica a seguir, nas mesmas condicións que figuran no devandito artigo.

Pesetas

mensuais

Director técnico ou comercial47.445
Mestro cervexeiro, xefe de mantemento, xefe de contabilidade ou de proceso de datos42.227
Xefe de primeira técnico, administrativo ou comercial37.246
Xefe de segunda técnico, administrativo ou comercial34.872
Inspector de primeira comercial32.975
Oficial de primeira técnico ou administrativo32.264
Inspector de segunda comercial31.552
Oficial de segunda técnico ou administrativo31.077
Promotor de vendas comercial30.602
Preventista comercial29.416
Oficial de primeira obreiro xefe de equipo27.993
Axudante de laboratorio ou subalterno de primeira xefe de equipo27.044
Auxiliar técnico ou administrativo e oficial de primeira obreiro26.096
Oficial de segunda obreiro ou subalterno de primeira25.384
Axudante obreiro ou subalterno de segunda24.909
Auxiliar de primeira obreiro24.198
Auxiliar de segunda obreiro ou limpador23.722

Oitavo.-A gratificación regulada no artigo 24 por festividade da patrona queda establecida en 15.435 pesetas.

Noveno.-A bolsa de vacacións estipulada no artigo 32, punto 3, do vixente convenio colectivo, queda establecida en 41.406 pesetas, nas mesmas condicións que especifica o mencionado artigo.

Décimo.-No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) rexistre no 31 de decembro de 1995 un crecemento superior ó 4,50%, efectuarase unha revisión salarial equivalente á dita referencia.

A revisión levarase a cabo unha vez que o Instituto Nacional de Estatística constate oficialmente o IPC real de 1995 e, cando proceda, aboarase con efectos do 1º de xaneiro do dito ano.

Décimo primeiro.-Tódolos demais termos do vixente convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A. non sofren ningunha variación.

Por último, e dado que existe conformidade no contido desta acta, ámbalas partes dan por rematada a reunión, con acordo na revisión salarial do convenio colectivo, para o período 1-1-1995 ó 31-12-1995, ambos incluídos, levantando a reunión ás vintedúas horas do día no encabezamento indicado, de todo o cal se estende a presente acta, en cinco follas de papel común, mecanografadas por cada unha das súas caras, en exemplar por triplicado, que rubrican as catro primeiras e asinan a última, tódolos señores que a interveñen, comigo o secretario.

95-03703