Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de febreiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa das bateas denominadas Núñez nº 1 a favor de Ramona Vilas Fernández e Cancela nº 2 a favor de Gabino Triñanes Vilas.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Núñez nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula nº 1.

Data da concesión: 31-1-1968.

Data do remate da última prórroga: 9-2-1998.

Anterior concesionario: Ramona Vilas Fernández e José Triñanes Viturro.

Novo titular da concesión e batea: Ramona Vilas Fernández.

Denominación da batea: Cancela nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula nº 92.

Data da concesión: 14-2-1973.

Data do remate da última prórroga: 12-4-2003.

Anterior concesionario: Ramona Vilas Fernández e José Triñanes Viturro

Novo titular da concesión e batea: Gabino Triñanes Vilas.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 27 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

95-4551