Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fixa o prazo para a presentación de solicitudes para a realización de convenios de reserva e ocupación de prazas en centros residenciais e vivendas tuteladas para a terceira idade e se establecen os prezos máximos de praza/día.

A Orde do 16 de maio de 1995, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se regula o establecemento de convenios de colaboración en materia de reserva e ocupación de prazas en centros residenciais e vivendas tuteladas para a terceira idade, establece a posibilidade de que éstas poidan ofertar prazas para a súa reserva e ocupación, logo da sinatura do correspondente convenio.

O seu artigo 9.2º sinala que a Dirección Xeral de Servicios Sociais fixará anualmente o prazo para presentar solicitudes por parte das entidades interesadas na subscrición dos citados convenios.

Pola súa banda o artigo 7 determina que a Dirección Xeral de Servicios Sociais establecerá anualmente o custo máximo da praza/día ocupada.

Por todo isto o director xeral de Servicios Sociais no uso das súas atribucións

DISPÓN:

Primeiro.-O prazo para presentar solicitudes para a realización dos convenios ós que se refire a Orde do 16 de maio de 1995 será de 30 días naturais desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-O custo máximo por praza/día ocupada nos centros/vivendas cos que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais estableza convenios de reserva e ocupación de prazas, durante o ano 1995 serán os seguintes:

-Prazas de persoas válidas:3.300 ptas./día

-Prazas de persoas asistidas:6.000 ptas./día

Terceiro.-As obrigacións contraídas pola consellería para o financiamento das prazas conveniadas serán con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.212-B.262.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1995

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

95-01567