Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4139-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáez Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. na parroquia de Olleros, no concello de Carballedo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas media tensión a 20 kV, conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 2.690 m. Centro transformación intemperie B2, de 100 kVA o de Oleiros e 50 kVA o de Touza, 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 2.679 m e conductores R.Z.-95-50-25, para mellora do servicio na parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 28 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4030