Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de abril de 1995 pola que se lle concede autorización definitiva, para a súa apertura e funcionantento, ó centro privado de educación especial Os Mecos de Vilanova de Arousa (Pontevedra), cos demais datos que se relacionan no anexo.

Examinado o expediente incoado por Carmen Márquez López, presidenta da Asociación Bata, en solicitude de autorización definitiva para a apertura e funcionamento do dito dentro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía con proposta favorable á vista dos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitaria (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro, de acordo cos informes emitidos, reúne os requisitos necesarios.

Esta consellería dispón:

Concede-la autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado de educación especial Os Mecos de Vilanova de Arousa (Pontevedra), facendo constar que a titulación do

profesorado deberá axustarse ó disposto no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra

Concello: Vilanova de Arousa.

Localidade: Vilanova de Arousa.

Enderezo: Fontenla-Baión.

Denominación: Os Mecos.

Titular: Asociación Bata.

Nivel: Educación Especial.

Número de unidades que se autorizan: 2 autistas.

Postos escolares que se autorizan: 10.